Friday 03 de May de 2024

Nova pick up para Protección Civil Ordes-Frades


O Vicepresidente da Xunta fixo entrega esta mañá do novo vehículo todo terreo nun acto que tivo lugar en Pontedeume e ao que asistiu o concelleiro José Manuel Rodríguez e o presidente local da agrupación de voluntariado de Protección Civil

O concelleiro de Industria de Ordes, José Manuel Rodríguez, e o presidente local da agrupación de voluntariado de Protección Civil, acudiron esta mañá a Pontedeume para recoller un todo terreo pick-up. O novo vehículo vai destinado ao uso por parte da agrupación Ordes-Frades.Trátase dunha entrega realizada pola Xunta de Galicia, como medida de reforzo do equipamento as agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias.

O acto estivo encabezado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña e polo director xeral de Emerxencias e Interior, Ovidio Rodeiro e Luis Menor respectivamente. En total físoxe entrega de 10 todo terreos pick-ups e 7 embarcacións

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga, A Veiga, Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Neda, Agrupación de Ordes-Frades, Meira, Ribas de Sil, Mancomunidade de Terras de Celanova, Cerdedo-Cotobade e Negreira.
O investimento efectuado polo Goberno galego nesta nova entrega supera os 460.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. En termos xerais hai que falar darredor de 9 millóns de euros os cartes investidos ao longo dos últimos tres anos na adquisición de furgonetas, remolques de emerxencias e todo terros, equipos de excarceración ou embarcacións pneumáticas etc destinados a mellorar as condicións de traballos de Protección Civil e corpos de emerxencias.